• Conforme a a Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no seu artigo 43, o Ministerio de Facenda ofrece un servizo de notificacións electrónicas por comparecencia.

  • Os accesos a este servizo realízanse utilizando unha canle segura de comunicación, e como requisito indispensable deberá identificarse con algunha destas alternativas:

  • O acceso realízase a través dun navegador Microsoft Internet Explorer 7 ou superior (32 oo 64 bits), Microsoft Edge 20 ou superior, Mozilla Firefox 4.0 ou superior (en Windows unicamente se soporta en 32 bits), Google Chrome 15 ou superior, Apple Safari 5 ou superior.

  • Para o correcto funcionamento da aplicación, debe configurar o seu navegador, para iso pode consultar as seguintes instrucións.



  • Información sobre protección de datos persoais.

  • De acordo co artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos persoais), infórmase que os seus datos persoais identificativos serán tratados pola Subsecretaría do Ministerio de Facenda coa finalidade de recollida, rexistro, acceso ao contido obxecto de notificación e comunicación do acceso ao órgano competente da tramitación.

  • O mencionado tratamento de datos persoais é necesario para o cumprimento da obriga legal que se deriva da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Os seus datos persoais non serán comunicados a terceiros. Poderá exercer os seus dereitos ante o responsable do tratamento. Antes de acceder ao formulario debe ler a seguinte información adicional sobre protección de datos persoais..