Esta plataforma ofrécelle a posibilidade de solicitar a través de Internet calquera tipo de información sobre o estado de tramitación dos procedementos que non se xestionen na súa integridade electronicamente no Ministerio de Facenda. Importante: esta aplicación non informa automáticamente sobre o estado de tramitación, a solicitude enviada chegará ao centro competente da súa tramitación, o cal responderá á maior brevidade posible.

Ir ao formulario

  • Información sobre protección de datos persoais:
    De acordo co artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos persoais), infórmase que os datos persoais facilitados mediante o seguinte formulario serán tratados pola Subsecretaría do Ministerio de Facenda coa finalidade de recepción, rexistro e traslado ao órgano competente para a súa tramitación.

    O mencionado tratamento de datos persoais é necesario para o cumprimento da obriga legal que se deriva da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Os seus datos persoais non serán comunicados a terceiros. Poderá exercer os seus dereitos ante o responsable do tratamento. Antes de acceder ao formulario debe ler a seguinte información adicional sobre protección de datos persoais.

Pode consultar as peticións presentadas a través deste formulario no seguinte enlace:

Consulta das peticións presentadas